martes, 3 de abril de 2018

A fe faise Arte

Neste trimestre achegarémonos á figura de Xesús a través da arte.
En dous mil anos de historia do cristianismo, os artistas crearon moitas imaxes de Xesús. Nelas son só podemos descubrir os datos que os evanxeos e a tradición nos proporcionan senón que tamén podemos ver reflectido o momento cultural no que se crearon, a época que vivíu o artista.
Para elo imos crear entradas neste blog con distintas obras pictóricas que amosan distintos momentos da vida de Xesús.
Para facilitarvos o traballo podedes escoller entre todas as que aparecen no listado adxunto ou incorporar outras novas que vos inspiren máis. Cando elixades unha obra tedes que modificala no documento cambiándoa a vermello e se engadides algunha nova incorporádea ao listado en cor azul, así saberemos todos as entradas que se están a facer.
En cada entrada deben aparecer os seguintes datos que serán puntuados do xeito que se indica:
  • TÍTULO 0,5 Ptos
  • IMAXE 1 Pto
  • AUTOR 0,5 Ptos
  • AÑO 1 Pto
  • LOCALIZACIÓN 1 Pto
  • ESTILO ARTÍSTICO 1 Pto
  • TEXTO BÍBLICO 2 Pto (Para isto podedes axudarvos coa Biblia on line de biblija.net pero fixádevos... que non está en galego!!
  • CITA BÍBLICA 1 Pto
  • ETIQUETAS 1 Pto
  • ORTOGRAFÍA, REDACCIÓN, PRESENTACIÓN, NOME 1 Pto
Agardo os vosos traballos !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.